O Bosque Máxico
Unha máxica aventura.
O Bosque Máxico é un pequeno xogo creado en Unreal Engine 4 co obxectivo de mellorar as miñas habilidades de Set Dressing e Level Design. Neste proxecto busquei crear un mundo chamativo visualmente partindo de obxectos dispoñibles no Marketplace de Unreal Engine.
Por outro lado tamén me serviu para aprender máis dentro do ámbito da programación, xa que creei o meu primer sistema de guardado e inventario.
Idea
Primeiro decidín cal ía ser a historia e o obxectivo do xogo: Lulu, unha pequena bruxa, debe atopar a maneira de chegar á Cova onde se encontra o seu ansiado Gran Libro.
Para elo, deberá conseguir as Xemas dos Elementos que lle permitirán activar un portal que lle dará acceso á Cova.
Deseño de niveis
O seguinte paso foi decidir o camiño que seguiría o xogador. Primeiro debe recoller as xemas da Terra, o Vento, a Auga e o Lume, pero para conseguilo debe aprender as maxias que se atopan dentro de cada unha delas e superar os obstáculos de cada zona.
-
Xema da Terra - o xogador debe usar a Visión máxica para poder albiscar a xema no medio da maleza.
-
Xema do Vento - o xogador debe aprender o feitizo da Terra para conseguir que as árbores se movan a súa vontade e bloqueen as correntes de aire que rodean á xema.
-
Xema da Auga - o xogador debe aprender a maxia do Vento para poder abrir as augas do río e recoller a xema.
-
Xema do Lume - o xogador debe aprender o feitizo da Auga para chamar á chuvia e así sufocar as chamas que rodean á xema.
Cando o xogador consiga tódalas xemas, debe colocalas nas Pedras Máxicas para así activar o portal que o conducirá á Cova. Unha vez dentro, debe superar unha zona de plataformeo saltando por unhas pedras flotantes que lle permitirán chegar ao Gran Libro.
Implementación
Tras ter clara a idea do xogo, creei utilizando Unreal Engine os dous niveis, as interfaces, o sistema de guardado, o sistema de inventario e añadín tódalas mecánicas necesarias para o funcionamentos das maxias.
Interfaces
Maxia 2 - Murmuro arbóreo
Maxia 4 - Chuvia torrencial
Sistema de guardado
Maxia 1 - Visión Máxica
Maxia 3 - Corrente divina
Maxia 5 - Labarada
Sistema de inventario